A xornada de eleccións celebrada en Galiza o pasado 25 de setembro marca un antes e un despois. Con ela péchase un ciclo electoral demasiado longo (que quizais aínda se dilate no ámbito estatal) no que a acción política estivo presidida pola preeminencia do electoral e, en certo grao, o correlato do “imperio do institucional” conlevou (ou confirmou) unha desertización progresiva das ricas iniciativas de rúa e das diversas experiencias de unidade popular no combate man a man que xermolaron nos últimos anos no noso país.

Houbo mesmo expropiacións manifestas do relato de rúa que fomos construído. Entre outros, e polo que nos toca, o “pan, traballo e teito” das Marchas da Dignidade, reduciuse a unha consigna electoral (anecdótica), canto o seu obxectivo nunca foi ese senón articular nas rúas a disidencia obreira e popular contra a sistemática perda dos nosos dereitos. Puxémonos como obxectivo que ningún dereito fose extirpado sen batalla e mesmo, por que non dicilo así?, poder artellar unha maioria social de combate para conquistar espazos de contrapoder, de poder efectivo, e mesmo o propio poder para as maiorías sociais.

 Isto non nos exculpa. A CUT, coas súas propias eivas no campo sindical, non pretende aleccionar a ninguén. Só queremos compartir unha obvia preocupación: estas mulleres e homes, sindicalizadas, que damos a cara nos centros de traballo someténdonos ben ás máis duras situacións de represión sindical ou ben á posibilidade da perda dos nosos empregos (cando non estamos loitando directamente contra o desemprego e as nosas vidas de miseria), estamos gravemente preocupadas pola instauración dun novo goberno austericida na Xunta de Galiza. A vitoria de Feijóo asegura un proceso que ven de longo e quere acabar connosco: a progresiva expropiación dos nosos dereitos, que cuantificados economicamente coma un abaratamento da man de obra, pasan a sumar na contabilidade das oligarquías, que organizan un disciplinado e obediente exército de traballadoras e traballadores. Por non falar do intolerable rastro de miseria e mesmo de mortas e mortos que o seu goberno está a deixar.

E non só nos preocupa o contexto galego, por moito que é o máis próximo. Malia que semella que todo isto pasou de moda, ou as traballadoras e traballadores conseguimos virar os funestos designios europeos (nos que se está a radicalizar a dereita extrema e nos que están a imperar as lóxicas antipersoas do inimigo), ou estamos acabadas.

Por iso: nin desfolgo nin derrota. As cousas non acontecen así nin porque este sexa un país de paifocas e parvos, nin pola tan tripada pirámide invertida, onde a poboación máis vella acredita na aposta conservadora. Acontece esencialmente porque seguimos sen manexar chaves políticas propias, porque non prememos ben as teclas das condicións obxectivas e subxectivas que poden arrastrar unha transformación social. Porque os movimientos reais de rúa seguen sen un correlato electoral, por moito que as narrativas instucionais quieran convidarnos a pensar outra cousa. Pero tamén, e sobre todo, porque na democracia formal burguesa o campo de xogo está deseñado polas oligarquías, e non van desprenderse dos seus mecanismos de control sen unha política de intervención popular que trascenda o mero depósito de papeleta-en-urna.

O último que este pobo pode facer é abrazar o desfolgo. Mentres socavamos o seu terreo de xogo debemos seguir construindo a alternativa obreira e popular na que dicimos crer. Imos alá: o noso futuro e unha vida vivible afastada da precariedade e da miseria conquístase nas rúas.

Actualidade - Prensa

Por Ricardo Castro*

Na era da globalización o poder xa non é global, o poder intanxíbel que condiciona as nosas vidas ata a miseria está en moi poucas mans, todas sucias e con nome de bancos ou multinacionais. Os estados quedaron baleiros de poder e de capacidade de decisión política, tanto é así que os resultados electorais do Estado español implican unha ausencia de goberno sen maiores consecuencias reais, a única consecuencia clara é que a Unión Europea ten que adiar o seguinte plan de axuste ordenado pola banca.

Ler máis...

  A CUT apoia este fin de semana as manifestacións que en diferentes vilas galegas terán lugar arredor do Día Mundial das persoas refuxiadas e aproveita pra animar a dar continuidade ao activismo en apoio dunha viraxe profunda das políticas migratorias.

Ler máis...

Movementos sociais - Migracións

Este 17 de maio a cidade de Vigo acollerá un xantar e unha festa de confraternización da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) con diferentes actividades en defensa da lingua. Das máis cativas aos maiores, recitais de poesía e concertos serán a tónica desta xornada que ás 12 horas da mañá comezará en Valadares, no Baile Vello.

Ler máis...

Actualidade - Prensa

O 1º de maio é tamén múltiple. Non é só que en todo mundo se celebraran diversas marchas do proletariado por un futuro mellor, senón que dentro do noso propio país foron moitas as mobilización e moitas as voces que as impulsaron, baixo un obxecto común: a denuncia da Europa da barbarie e dos mandatos ilexítimos da troika. A denuncia, en suma, dun sistema organizado para o crime e a masacre.

Ler máis...

Actualidade - Prensa

O Centro Comercial das Cancelas (Compostela) foi o escenario ás 21 horas da noite de hoxe da primeira concentración tras dous despedimentos antisindicais nesta multinacional, realizados para debilitar a representación sindical do centro.

Dous traballadores da multinacional Burger King foron despedidos o pasado sábado 10 de setembro con falsas acusacións por parte da empresa, despois de que nos centros composteláns desta cadea de hamburguesarías comezase un período de organización de todo o persoal, en torno ás siglas da CUT e á defensa dos seus dereitos laborais máis básicos. Días antes de ser despedidos, ambos os traballadores, onde outros traballadores e traballadoras do cadro de persoal, interpuxeron demanda no SMAC por débedas salariais que superan en todos os casos os 2000 €, que derivan dos máis diversos incumprimentos do Convenio Colectivo. Ademais, comunicaran debidamente á empresa a súa afiliación sindical.

Durante este verán, nos centros da rúa da Senra e do Centro Comercial das Cancelas o cadro de persoal convocou a través de asembleas eleccións sindicais, por primeira vez na historia destes centros, que se saldaron coa elección do delegado Javier Cao (na Senra), e Sara Reina (nas Cancelas), ambos polas siglas da CUT e con maiorías absolutas.

O proceso que levou ao cadro de persoal a promover eleccións foi a inexistencia de dereitos laborais básicos. Salarios de miseria incumprindo o Convenio, horas traballadas e impagadas á mantenta, a inexistencia dun calendario que viña provocando que as vidas das traballadoras/es estivesen á absoluta disposición da patronal, sen dereito a vacacións pagas ou a baixas por IT retribuídas, sen posibilidade sequera de tomar os correspondentes días para coidar dos nosos familiares hospitalizados (que de desfrutarse debían ser recuperados).

Segundo a delegada do Centro das Cancelas, Sara Reina, “A patronal está moi equivocada se pensa que os imos deixar tirados. Estamos en loita e esta situación só ten unha saída: a readmisión dos despedidos. Mobilizámonos para vencer!”. Ademais asegura que “non se descarta por parte do persoal o inicio dunha folga para esixir a súa readmisión”.

Esta noite unhas trinte persoas, principalmente traballadoras/es do Burger, concentráronse ás portas do centro das Cancelas, esixindo a readmisión dos seus compañeiros. Danse por sentadas novas mobilizacións nas semanas próximas.

Actualidade - Prensa

O TSXG declarou o ERE de Citroën impugnado xudicialmente pola CUT "axustado a dereito". Este é o punto de partida. Un pronunciamento contrario aos dereitos das traballadores e traballadoras bastante habitual (máis aínda na grande empresa), ou en palabras Vítor Mariño, responsábel da CUT Citroën "cumpriuse o programa". "Era difícil que David vencese a Goliat".

Ler máis...

Actualidade - Prensa

Poucas veces vemos tan claro os froitos da mobilización. Se hai máis dun ano nos mobilizabamos contra dous despedimentos nos Burger King de Compostela, hoxe certificouse o camiño do avance para as traballadoras e traballadores desta multinacional. O local do Centro Comercial das Cancelas celebrou eleccións sindicais esta mañá nas que resultou eleita unha delegada da CUT, con 13 votos, fronte aos 8 votos que obtivo o encargado xeral e xerente que se presentaba tamén a representante sindical.

Con esta vitoria, os dous establecementos abertos desta cadea en Compostela teñen representación sindical da CUT, cun programa de recuperación dos dereitos laborais e do terreo perdido. Esta éxito servirá para comezar un camiño parello ao outro centro, no que xa se aplica na súa integridade o Convenio Colectivo, se pagan complementos até o daquela inexistentes como a nocturnidade e se está a confeccionar un calendario anual de traballo, con quendas e xornadas estipuladas.

Non hai superficie, por moi grande que sexa, que se resista á unión do Traballo. Unidas vencemos e unidas avanzamos.

Actualidade - Prensa

O Secretariado Nacional (SN) da CUT, máximo órgano do sindicato, xuntouse esta semana en sesión ordinaria para avaliar o 1º de maio. A celebración desta data, supón un orgullo para a CUT, que se sinte herdeira das loitas de Chicago xa non contra a patronal, senón contra a propia existencia dun sistema criminal (o Capitalismo) que inviabiliza que a clase traballadora poidamos vivir unha vida digna e en liberdade.

Ler máis...

Actualidade - Prensa

A CUT Compostela adhire este primeiro de maio á mobilización social que se promove na cidade, ás 19 horas dende a Porta do Camiño, detrás da que están unha morea de axentes sindicais, sociais e persoas individuais que decidir dar un paso na dirección da xenerosidade: a confección dunha manifestación unitaria, anticapitalista e sen siglas na convocatoria, coa firme convicción de que é tempo da unidade de todas as loitas para defender as nosas vidas. Sen protagonismos. Unha mobilización na que as únicas protagonistas sexa a unión de todas as voces nunha gran manifestación contra a batería de agresións que estamos a recibir por parte da Unión Europea, esa organización criminal, do racismo e da desigualdade, que comandan a troika e o Capital.

Ler máis...

Actualidade - Prensa

Máis artigos...

Páxina 1 de 85

Inicio
Anterior
1