A CUT coa Palestina sempre

222

Hai xa arredor dun mes que a humanidade asiste arrepiada á orxía de barbarie neonazi sionista contra o pobo palestino que leva a cabo o que chaman estado de Israel. Non hai palabras para definir este xenocidio que quizá non teña precedentes na etapa moderna. 

Aínda que a CUT leva no seu ADN o apoio á causa do pobo palestino sen veleidades nin medias tintas,  a situación actual demanda a actualización do nosa proposta de maneira nítida, sobre todo nesta conxuntura histórica onde o Goberno español –o máis progresista da historia- está apoiando o xenocidio do pobo palestino. 

Botaremos logo unha mirada histórica ao proceso da ocupación sionista de Palestina, pero antes convén facer un exercicio de revisión das arestas que determinan o conflito a día de hoxe. Sobre todo cando os criminais chamados “estado de Israel” e os colaboradores imprescindibles para o crime da Unión Europea e EE.UU. utilizan unha narrativa ad hoc  para idiotizar á opinión pública do Mundo. 

Coordenadas desta fase do conflito

Os medios de desinformación –incluídos os vestidos de progresistas- empéñanse en utilizar a mentira como se de axiomas se tratara. Este empeño non é casual, e non é máis que a confirmación do cumprimento do relato previamente establecido polo sionismo e polos centros de decisión do capitalismo, chámense Unión Europea ou EUA. 

A narrativa dos medios hexemónicos é a arma máis poderosa da decadencia capitalista”

O exemplo máis basto é cando falan da “guerra de Israel contra Hamas” obviando adrede o concepto Palestina ou cando falan do “conflito de Gaza” en vez do conflito palestino. A narrativa dos medios hexemónicos é a arma máis poderosa da decadencia capitalista. Tamén o é na guerra da OTAN coa Federación Rusa. 

Do que se trata é de agochar o carácter imperialista, racista e supremacista non só do actual xenocidio sionista contra o pobo palestino, senón da propia existencia do enxendro do estado de Israel. De xeito zafio e masivo utilízase incluso o victimismo presentando ao pobo palestino –a Hamas- como agresor fronte a un Israel agredido polo “terrorismo”.  

O relato fabricado polas elites do inimigo está servido pero non só botan man del os asasinos e psicópatas do sionismo. Case a totalidade –salvo raras excepcións- da política xestora do capital utiliza sen rubor o relato xenocida. Non só os fascistas de Vox ou Meloni, non só o lixo político dos Verdes da Alemaña se instalaron no discurso oficial sionista, porque toda a socialdemocracia europea navega nesas augas. 

A socialdemocracia europea, sen dúbida, quedará marcada para a historia como cómplices necesarios (nós dicimos que imprescindibles) do martirio do pobo palestino”

Pola súa gravidade non podemos obviar o papel que xoga o PSOE neste ámbito, o mesmo que o papel desempeñado -supostamente neutral- de Sumar e compañía. Posicionarse ao respecto do xenocidio palestino non só é unha cuestión ideolóxica, que o é; e algo que ten que ver coa ética e co humanismo, que tamén. Fronte ao asasinato de todo un pobo do xeito máis sádico e cruel, os seres humanos temos que estar enfronte. 

A socialdemocracia europea, sen dúbida, quedará marcada para a historia como cómplices necesarios (nós dicimos que imprescindibles) do martirio do pobo palestino, e o PSOE de Sánchez Castejón tamén. O Réxime sionista que ocupa Palestina xamais se atrevería a perpetrar o xenocidio sen o respaldo e apoio non disimulado dos centros de decisión capitalista. 

As persoas de ben de calquera parte do mundo, por suposto tamén os galegos e as galegas, non podemos caer na trampa que sustenta a narrativa mentireira do inimigo. Non é entendible nin tampouco se pode analizar a actual fase do conflito palestino sen botar man da historia recente: da xestación do sionismo como ideoloxía nazi, da ocupación paulatina da xeografía palestina e da inxerencia permanente das distintas potencias imperialistas. 

Antecedentes para entender esta conxuntura 

O remate da I Guerra Mundial entre 1917 e 1918 o exército británico toma Palestina ao par da ocupación de Siria por parte de Francia, até aquel momento territorios ocupados polo Imperio Otomán. Neste contexto nace aquí o primeiro deseño do que será o sionismo como ideoloxía ao servizo do imperialismo. Monstruosidade baseada na mentira, sopostamente como expresión relixiosa xudía, pero na realidade non é máis que unha ferramenta supremacista e racista para xustificar a ocupación. 

Cando se produce a ocupación británica da terra palestina a súa poboación constitúena arredor de 760.000 persoas, das que case o 78% son musulmanas, o 11% xudías, o 10% cristiáns e o 1% son de cultura drusa. A poboación palestina é só unha, conviven en paz e o factor relixioso non constitúe ningún tipo de problema. Aínda hoxe pasados cen anos os vestixios dos asentamentos e mesmo os lugares de culto así o proban. 

Na primeira década da ocupación británica prodúcense as primeiras migracións xudías a Palestina. Son fluxos migratorios perfectamente organizados e facilitados polas potencias europeas. Mesmo a Federación Sionista chegou a un acordo co Terceiro Reich nese mesmo sentido. 

Desde o ano 1936 ao 1939 prodúcese a primeira revolta do pobo palestino en contra do colonialismo inglés e das “migracións” xudías. Inglaterra ocupa militarmente o territorio, divídeo en dous tomando como liña o Río Xordán, decretando o nacemento de Xordania. Prodúcese unha represión brutal co asasinato dos principais líderes da revolta. 

Co fin da II Guerra Mundial o imperialismo británico e americano atopan a conxuntura propicia para planificar o traslado masivo de poboación xudía a Palestina. A coartada foi o sufrimento da comunidade xudía do Holocausto nazi, un pretexto perfecto. 

En 1948 os británicos abandonan Palestina non sen antes partir o territorio en dous co auspicio das Nacións Unidas. As bases para o xenocidio están servidas. Ten lugar a primeira guerra do sionismo contra os países árabes. 

Esta contenda é ganada polo estado de Israel co apoio incondicional do imperialismo que se fai dono da maioría do territorio de Cisxordania, quedando a Faixa de Gaza en mans de Exipto polos acordos do Armisticio. Comeza aquí o que o pobo palestino coñece como Nakba, que significou a expulsión ao exilio de case 800.000 palestinos e palestinas. 

Co acontecemento dramático da Nakba nace a inmensa diáspora palestina que perdura hoxe. Establécense os campos de refuxiados de Siria, o Líbano, Xordania e Gaza. Diáspora que co tempo e as políticas sionistas apoiadas polo chamado Occidente estendeuse a Exipto, Tunisia, Iemen, Arabia Saudita e incluso a Europa e América Latina. 

En 1967 o estado sionista ataca simultaneamente a Siria, Xordania e Exipto no que se coñece como a Guerra dos Seis Días. Nesta operación onde son derrotados os exércitos árabes, Israel ocupa os Altos do Golán (Siria), a Faixa de Gaza e a Península do Sinaí (Exipto). Os sionistas obviando a condena internacional cumpren o obxectivo estratéxico de dotar de auga do Golán e máis seguridade ao pseudoestado. 

En 1990 teñen lugar os Acordos de Oslo asinados por Yaser Arafat en nome da OLP e Isaac Rabin daquela Presidente de Israel. Nestes acordos que establecen o recoñecemento da Autoridade Nacional Palestina e a autonomía para Gaza e parte de Cisjordania, en realidade foron dinamitados pola política expansionista e xenocida sionista. 

Gaza, un campo de concentración. 

O territorio gazatí é un espazo de Palestina de 360 quilómetros cadrados onde viven arredor de dous millóns de persoas. Está rodeado por 50 quilómetros de fronteira sionista e 10 con Exipto. Os aproximadamente corenta quilómetros de costa mediterránea son inaccesibles na práctica polo constante acoso asasino sionista. Son centos os asasinatos cometidos nos últimos anos,sobre todo de mariñeiros. 

Desde o ano 2006 a Faixa de Gaza está gobernada polo grupo político Hamas, que ganou de maneira clara as eleccións neste territorio. As posicións políticas claramente antisionistas son a escusa que Israel e seus lacaios usaron e usan para a práctica do terror nestes 17 últimos anos. 

A destrución das colleitas, o secuestro da auga e da enerxía, o impedimento á pesca, a prohibición do aeroporto, o asasinato continuo incluído de meniños foron a práctica permanente nas últimas décadas. Pódese afirmar que Gaza é un inmenso campo de concentración absolutamente bloqueado e rodeado con muros electrónicos e de formigón. 

A lexitimidade da causa palestina. 

Despois do expresado, aínda que fora con moita brevidade, alguén no seu san xuízopode dubidar sobre as razóns da causa do pobo palestino? Non. Só as persoas miserables poden negar a natureza e a lexitimidade que acompañan ás mulleres e aos homes palestinos. 

O sindicalismo de clase, a esquerda política e social non pode estar calada diante do martirio do pobo palestino. Temos e debemos de ter unha linguaxe clara, sen dúbidas ao respecto de defender a causa deste pobo porque é a causa da humanidade fronte a barbarie e fronte o sadismo daqueles que se autoproclaman israelitas. 

A nosa consciencia e o noso humilde -pero decidido- esforzo estará a disposición das necesidades de Palestina fronte ao sionismo, ao nazismo israelita e ao imperialismo. “

Pero a nosa denuncia non pode quedar aí. A Europa da cal formamos parte, aínda que nos meteran á forza, o Goberno español de Sanchez Castejón e cía. son cómplices da masacre por máis que se agochen na propaganda. 

A CUT está e estará sempre coa causa palestina. A nosa consciencia e o noso humilde -pero decidido- esforzo estará a disposición das necesidades de Palestina fronte ao sionismo, ao nazismo israelita e ao imperialismo. 

 Secretariado Político da CUT