Diante da convocatoria para o 24 de abril en Vigo, dunha “manifestación ciudadana” denominada “Vigo con Palestina”, dende a CUT aclaramos que non somos convocantes nin apoiamos dita escenificación.
A razón non é outra que a de non participar nunha iniciativa de confusión con organizacións que lexitiman o estado de Israel e polo tanto o sionismo protagonista do xenocidio palestino.
A CUT suma e sumará en calquera iniciativa obreira e popular de apoio ao pobo palestino e de denuncia do actual xenocidio que goza do apoio do imperialismo americano e da Unión Europea.