“Palestina e o xenocidio apoiado pola UE” este xoves en Compostela

86
Este xoves 30 de novembro, de 17 a 19 horas, acolleremos na sede nacional da CUT en Compostela a Mohamed Safa, escritor e médico, con quen falaremos de “Palestina e o xenocidio apoiado pola UE” para entendermos o conflito actual en Gaza pero tamén todo o seu contexto histórico e a complicidade internacional que desencadeou esta situación.
Safa, nacido en Cisxordania en 1956 e residente na Galiza, é un activista incansable a prol da causa palestina, unha militancia que o levou a impulsar numerosas iniciativas culturais e políticas a prol dos dereitos do seu pobo.
No seu útimo libro, “A segunda Nakba palestina”, denuncia non só que a limpeza étnica dos palestinos e palestinas non se condena de todo, senón que se intenta mesmo eliminar do discurso político.
O encontro deste xoves é aberto a todas as persoas interesadas. Chamamos especialmente á afiliación da CUT a participar nesta conferencia para escoitar, coñecer e comprender o que pasa para estar á altura da solidariedade que este momento da historia nos esixe.
A CUT sempre coa Palestina.