O pacto salarial e a paz social

105

CCOO, UGT e a patronal asinan o 4-3-3 e, ao igual que se foran adestradores de fútbol, xogan ao ataque, pero ao ataque á clase traballadora.

Asinan unhas subas do 4% para o 2023, 3% para o 2024 e 3% para o 2025 como marco ideolóxico de negociación, para que teñamos ben claro que debemos esquecer subas que se aproximen ao IPC e ás súas salvaxes consecuencias para a clase traballadora. O marco que establecen implica que nas negociacións de convenio se van asinar subas por debaixo destes topes; chegar a esas subas miserentas só será posíbel con mesas negociadoras contundentes.

As dúas corporacións sindicais fan publicidade deste pacto coma se de súpeto fosen incrementarnos os salarios nesas cantidades , e ao tempo, sen rubor algún, din que garante a paz social ata o 2025. É dicir, pechan calquera mobilización nas rúas a cambio de nada, ou a cambio dun incremento nas súas subvencións, claro.

Á clase traballadora con conciencia de clase non nos queda outra que seguir pelexando para saír dos marcos que nos queren impor, tanto o capital como os seus servidores sindicais. Dende a CUT somos optimistas porque ninguén mellor que os galegos e galegas para mover os marcos.

Secretariado Político da CUT