Benestar social en loita: por un servizo de calidade!

175

As traballadoras sociais de Vigo concentráronse este venres diante do Concello desta cidade no inicio dunha serie de mobilizacións para exixir melloras no servizo que atenden e poder así ofrecer un servizo de calidade.

“Demandan un incremento do cadro de persoal que permita cumprir coas ratios legais, establecidas nunha traballadora social por cada 8.000 habitantes. A realidade é que existe unha por cada 17.000 persoas”.

Demandan un incremento do cadro de persoal que permita cumprir coas ratios legais, establecidas nunha traballadora social por cada 8.000 habitantes. A realidade é que existe unha por cada 17.000 persoas.

Critican tamén os escasos 20 minutos fixados para atender cada cita, en moitos casos insuficientes, e a sobrecarga de traballo que as leva acumular expedientes sen darles trámite nos prazos legais establecidos.

Cren imprescindible tamén reducir os tempos de espera das solicitantes para seren atendidas -na actualidade duns dous meses- o que xera situacións dramáticas con persoas en situación de alta vulnerabilidade.

As traballadoras denuncian que tampouco existe persoal administrativo abondo para atender o teléfono ou as propias oficinas.

“A CUT decidiu trasladar á rúa o problema, iniciando unha recollida de signaturas con todas estas demandas e con mobilizacións todos os venres.”

Unha situación cronificada dende hai anos que consideran insostible por máis tempo.

A CUT decidiu trasladar á rúa o problema, iniciando unha recollida de signaturas con todas estas demandas e con mobilizacións todos os venres. O benestar social é cousa de todas e aí estaremos traballando para lograr que cando menos se atenda dun xeito digno.

Por un servizo de calidade!