Venres culturais da CUT: “Altri, a nova aldraxe a Galicia”

211

A comarca da CUT no Morrazo celebrará este venres, 5 de abril, ás 19 h no local sindical en Cangas un novo encontro dos venres culturais baixo o título: “Altri, a nova aldraxe a Galicia”.

Isabel García Vila, da Plataforma Mina Touro-O Pino NON, será a encargada de impartir a charla sobre o proxecto para a instalación dunha macrocelulosa en Palas de Rei.

“Para a CUT o proxecto de Altri enmárcase claramente na filosofía capitalista especulativa e de apropiación dos fondos públicos. Cómpre a unión da cidadanía contra a enésima aldraxe a Galicia.”

A Central Unitaria de Traballadoras pretende achegar así información directa ás galegas sobre a enésima aldraxe a Galicia con consecuencias nefastas sobre o noso medio natural.

A planta ocuparía unha extensión de 360 hectáreas, cun consumo de auga para o seu funcionamento de 46.000 m3 diarios, tendo a capacidade de “depuración” a de 30.000 m3 –cabe preguntarse que pasaría co diferencial dos 16.000 m3-, e o proxecto ten como obxectivo a produción inicial de 250.000 toneladas de pasta para chegar ás 400.000.

Para a CUT o proxecto de Altri enmárcase claramente na filosofía capitalista especulativa e de apropiación dos fondos públicos. Cómpre a unión da cidadanía contra a enésima aldraxe a Galicia. ALTRI NON!!