O Partido Popular, co apoio do grupo de ultradereita ECR, bloqueou onte no Comité de Peticións do Parlamento Europeo a denuncia que o Comité Intercentros da CRTVG presentara hai máis dun ano relativa á manipulación informativa nos medios públicos galegos e o incumprimento da Lei de Medios Audiovisuais de Galicia, aprobada no ano 2011.
“Malia a evidencia das manipulacións nos casos relatados, o PP obviou a intervención dos peticionarios e mesmo intentou paralizala denunciando que usaran unha lingua non oficial, nun intento desesperado por pechar o debate.”
As representantes das traballadoras expuxeron na sede desta institución europea casos tan flagrantes de manipulación coma o tratamento da sentenza do caso Gu?rtel na TVG ou o plan de cobertura electoral dos comicios galegos deste ano, rexeitado pola xunta electoral, amais de trasladar casos de represalias de traballadoras coma o recoñecido na sentenza de vulneración da liberdade de expresión do xornalista da Radio Galega, Carlos Jiménez.
Malia a evidencia das manipulacións nos casos relatados, o PP obviou a intervención dos peticionarios e mesmo intentou paralizala denunciando que usaran unha lingua non oficial no Parlamento Europeu, nun intento desesperado por pechar o debate. Aliás, o presidente desta sesión, Peter Jahr (PPE) pretendeu limitar o dereito a réplica dos denunciantes, que limitou a 1 escaso minuto sen non pouca discusión previa.
Estes intentos de bloqueo son a continuidade do acontecido con esta denuncia en momentos anteriores cando a presidenta do Comité, Dolors Montserrat (PP), intentou que nin se producise a comparecencia de hoxe.
Tras forzar unha votación por grupos parlamentares, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo dá por pechada a denuncia por manipulación na Corporación Radio Televisión da Galicia (CRTVG), co apoio do Partido Popular Europeo e de Conservadores e Reformistas, onde se encadra Vox. Estes dous grupos fixeron valer a súa maioría: 12 membros fronte aos 9eurodeputados e eurodeputadas do grupo socialista, grupo dos verdes e Alianza Libre Europea, que se posicionaron a favor de seguir investigando o caso da CRTVG.
“Dende a CUT seguiremos explorando todas as vías democráticas para acabar cunha dirección manipuladora e represiva, e acudiremos como sempre á mobilización das traballadoras e da sociedade galega para defender unha CRTVG libre, plural e de todas as galegas.”
O Comité da CRTVG xa anunciou que non cesará na súa obriga de denunciar a manipulación, así coma o incumprimento da Lei de Medios e a vulneración do dereito á información.
Dende a CUT seguiremos explorando todas as vías democráticas para acabar cunha dirección manipuladora e represiva, e acudiremos como sempre á mobilización das traballadoras e da sociedade galega para defender unha CRTVG libre, plural e de todas as galegas.