Concentracións no ensino polo fin do masacre en Palestina

113

Este venres 12 de abril a CUT únese á campaña Docentes con Palestina apoiando as concentracións ante os centros de ensino ás 12.00 da comunidade educativa. 

Xa van moitas compañeiras e membros da comunidade educativa mortas a consecuencia dos bombardeos contra infraestruturas educativas na rexión. Canto menos 245 docentes foron asasinadas en Gaza e Cisxordania, 243 escolas foron destruídas e 35 estudantes de Cisxordania perderon a vida. Outra moitas escolas foron branco de actos vandálicos que as deixou inutilizables. A maior parte do ensino dáse neste momentos online para aqueles que aínda poidan acceder ás redes.

Solicitamos un alto o fogo inmediato, o establecemento de corredores humanitarios o fin da morte de civís, nomeadamente crianzas, e camiñar cara unha paz que devolva a terra ao pobo palestino.