A CUT obtén as 4 delegadas da súa candidatura nas eleccións en Vertifil

196

A Central Unitaria de Traballadoras ven de obter case a totalidade das delegadas elixidas no comité de empresa da empresa téxtil Vertifil Industrial S. L., con sede en Moraña.

A CUT obtivo 4 das 4 delegadas elixidas no colexio de especialistas/fábrica, mentres que non presentou candidatura no colexio de técnicos e administración, onde obtivo 1 representante a UXT.

Os resultados das votacións foron os seguintes :

Fábrica: 37 votos

– CUT: 36 votos

– Branco: 1 voto

Técnicos e administración: 8 votos

– UGT: 6 votos

– Branco: 2 votos

Dende a CUT agradecemos o apoio e forza recibido a través dunha candidatura elixida a través de referendo das traballadoras.

A alta participación (37 votos dun total de 43 traballadoras) dá conta da unidade do persoal, cunha mensaxe clara á empresa.

A CUT é a ferramenta, e a nosa unidade a nosa forza!