A Central Unitaria de Traballadoras volve saír ás rúas o 1º de maio, Día Internacional da Clase Traballadora, como vén facendo dende o seu nacemento en 1999, este ano baixo o lema “25 anos sen renunciar á historia”.
Vintecinco anos de sindicalismo combativo na defensa dos dereitos da clase obreira, que este mércores percorrerá as rúas de A Coruña, Compostela, Ourense e Vigo nas seguintes convocatorias:
- Vigo 11h. Praza Fernando Católico
- Ourense 12:30 h. Ponte Romana
- Coruña 12:30 h. Praza de Pontevedra
- Compostela 12:30 h. Praza 8 de marzo
En Vigo a manifestación partirá ás 11 h da praza de Fernando o Católico nunha manifestación conxunta coa CGT e o Sindicato Ferroviario para rematar o percorrido na Porta do Sol.
En Ourense, as afiliadas e afíns á CUT sairán nunha marcha ás 12:30 h dende a Ponte Romana tamén nunha convocatoria conxunta coa CGT, CNT e o Sindicato Ferroviario.
Na Coruña sairemos en manifestación conxunta coa CGT, CNT e o Sindicato da Elevación ás 12:30 h dende a praza de Pontevedra.
En Compostela a mobilización terá como punto de encontro a praza 8 de marzo ás 12:30 h.
Podes ler aquí o manifesto da CUT:
Vémonos nas rúas.
Viva o 1º de maio!