Declaración da Coordinadora dos Pobos da FSM sobre a situación no estado español

170

Ao igual que en toda Europa, no Estado español é patente a crise sistémica xerada polo capitalismo: agravamento da seca e fenómenos meteorolóxicos extremos como consecuencia do cambio climático, abandono do campo e consecuente dependencia alimentaria, movementos migratorios masivos, esgotamento e conseguinte encarecemento das fontes de enerxía fósiles e inviabilidade do modelo industrial baseado nelas, turistificación da costa.

Quedou patente a falsidade da promesa neoliberal baseada nun crecemento económico ilimitado que permitiría a cada xeración vivir con máis recursos ca a anterior. Ao contrario, a clase traballadora está perdendo poder adquisitivo e ter un emprego xa non é garante de dispoñer de recursos abondo para desenvolver un proxecto de vida autónomo e satisfactorio.”

Esta crise sistémica impacta nas condicións de traballo e de vida da clase traballadora. Quedou patente a falsidade da promesa neoliberal baseada nun crecemento económico ilimitado que permitiría a cada xeración vivir con máis recursos ca a anterior. Ao contrario, a clase traballadora está perdendo poder adquisitivo e ter un emprego xa non é garante de dispoñer de recursos abondo para desenvolver un proxecto de vida autónomo e satisfactorio. As fendas económicas e sociais por razón de xénero e de orixe persisten. Os prezos da vivenda dispáranse pola especulación dos fondos voitre e os rendistas. Escatímanse recursos para os servizos públicos e privatízanse.

O sindicalismo maioritario do Estado español, conformado por UGT e CCOO, non tén nin a vontade nin a capacidade para facer fronte a este proceso de precarización e empobrecemento da clase traballadora.”

O sindicalismo maioritario do Estado español, conformado por UGT e CCOO, non tén nin a vontade nin a capacidade para facer fronte a este proceso de precarización e empobrecemento da clase traballadora. A súa  aposta polo diálogo social resultou perniciosa para a clase traballadora: mentres a Patronal fai a guerra por todos os medios, escenifícase un clima de paz social fraudulento.

Porén, a emerxencia de reivindicacións sociais e laborais tras a crise de 2008, así como o reforzamento do soberanismo de esquerdas principalmente en Catalunya, Galiza e Euskal Herria, aínda que tamén no País Valencià e nas Illes Balears, permitiu crear un contrapeso tanto ás políticas neoliberais como a unha ultradereita que utiliza as consecuencias de ditas políticas para alimentar posicións individualistas, machistas e racistas.

É unha boa nova que nas últimas eleccións xerais se lle pechara o paso á ultradereita e se condicionara o deseño político que xestionou o “Réxime do 78” baseado nun bipartidismo de Estado apoiado polas forzas conservadoras das nacións periféricas. Tamén é positivo que se abra un debate sobre o modelo territorial e sobre a política de recortes aplicada dende o 2008.

“Os cambios políticos que se poidan dar a nivel estatal serán limitados e non se sosteñen en procesos de cambio político e social en cada nación do Estado español. A alternativa ao Réxime do 78 pasa por xerar procesos constituíntes que modifiquen o ordenamento político e económico do Estado.”

Sen embargo, os cambios políticos que se poidan dar a nivel estatal serán limitados e non se sosteñen en procesos de cambio político e social en cada nación do Estado español. A alternativa ao Réxime do 78 pasa por xerar procesos constituíntes que modifiquen o ordenamento político e económico do Estado. Neste senso, os sindicatos que conformamos a coordinadora dos pobos da FSM no Estado español, en representación de 140.000 afiliados e afiliadas, expresamos o seguinte:

    1.  Reclamamos unha transición eco-social e feminista xusta; que no centro do modelo socio-económico estea a vida das personas e do Planeta, e non os beneficios dunha oligarquía que se enriquece a costa da explotación de persoas e ecosistemas. Reivindicamos o reparto do emprego, dos coidados e da riqueza. Comprometémonos a pechar o paso á ultradereita, ao individualismo, ao machismo, ao racismo.
    2. Esiximos a derogación de todo recorte imposto tras o 2008, entre outros, a xubilación aos 67 anos, o abaratamento dos despedimentos ou os límites impostos ao desenvolvemento dos servizos públicos. Reivindicamos o dereito a e un emprego e pensión dignos, así como uns servizos púbicos que garantan o dereito á educación, á saúde e aos coidados. Demandamos a derrogación do artigo 135 da Constitución Española, que fai prevalecer os intereses dos poderes económicos sobre as necesidades da clase traballadora e das clases populares.
    3. Reclamamos o recoñecemento do carácter plurinacional e plurilingüístico do Estado, así coma o dereito á autodeterminación das nacións que o compoñen e, en particular, o dereito a decidir sobre as condicións de traballo e de vida dos e das traballadoras. Denunciamos os ataques que están padecendo as linguas nacionais dos nosos respectivos países.
    4. Reafirmámonos na organización e loita sindical, así como na colaboración cos movementos populares, para xerar cambios favorables á clase traballadora dende os centros de traballo, a rúa e as institucións. Neste senso é preciso rematar dunha vez co Lawfare patronal contra o sindicalismo combativo.
    5. Facemos un chamamento á clase traballadora a facer fronte ao ascenso da ultradereita en todos os ámbitos: nos centros de traballo, nas rúas e tamén nas institucións. Neste sentido, facemos un chamamento á activación popular de cara ás próximas eleccións europeas. Esiximos a derrogación da Lei de Estranxeiría e o Pacto Europeo polo asilo e a migración.