A Central Unitaria de Traballadoras saímos ás rúas en Vigo, Ourense, A Coruña e Compostela cun berro colectivo para recuperar a esencia do 1º de maio, unha data na que reivindicar – dende a conciencia de clase- a nosa dignidade e os nosos dereitos.
A nosa proposta é a construción do individual dentro do colectivo, a clase traballadora non é unha suma de egos, senón un “eu” colectivo: somos eu porque somos nós.
Ese é o facho que guiou á CUT dende o seu nacemento hai xa vinte cinco anos, o facho que pretende manter aceso nas difíciles circunstancias que hoxe estamos a vivir.
A CUT mantén o seu compromiso coa defensa do medio natural fronte ao capitalismo e a colonización en base a rendementos económicos de determinadas empresas como ALTRI, así como cos pobos oprimidos coma o palestino.
A CUT cumpre XXV anos, con moitos erros e algúns acertos, pero se de algo podemos estar seguros e seguras é de que seguimos a ser unha organización necesaria.
Queremos un 1º de maio que nos impulse cara un futuro mellor, aquel no que o pobo ordena, porque do contrario o capital destrúenos.
Viva o 1º de maio!