A executiva comarcal da CUT no Morrazo decidiu crear un novo espazo de encontro no seu local de Cangas a través de propostas culturais (no seu concepto máis amplo) para seguir tecendo redes e conciencias a través de diferentes formatos: palestras, presentacións, charlas…
“Serán encontros quincenais os venres á tardiña, que darán comezo esta mesma semana coa presentación do libro sobre Francisco Villamil, heroe da guerra de Cuba con orixes galegas, escrito por Eddy E. Jiménez.”
Serán encontros quincenais os venres á tardiña -abertos a todo o público- que darán comezo esta mesma semana coa presentación do libro sobre Francisco Villamil, heroe da guerra de Cuba con orixes galegas, escrito por Eddy E. Jiménez.
Trátase da edición conmemorativa do 40º aniversario da Asociación de amizade galego-cubana “Francisco Villamil” e do 150º aniversario da caída en combate deste na defensa da independencia de Cuba.
No acto de presentación intervirán Manolo Camaño, Moncho Leal e Gustavo Luca.