O escritor e historiador Anselmo López Carreira presentará este venres, 19 de abril, en Cangas a terceira edición do libro “O reino medieval da Galicia”.
O encontro, organizado dentro dos “Venres culturais da CUT”, achegaranos a historia do noso país dende o século V ata o século XV. O libro ofrece un percorrido rigoroso e pormenorizado do devir histórico do Reino de Galiza ao longo da idade media.
Coñecer a nosa historia e orixes para comprender quen somos.
A presentación terá lugar ás 19 h no local da CUT e é aberta ao público xeral.