O día 28 de abril é declarado pola organización internacional do traballo, como o día Mundial da Saúde Laboral. Este ano a OIT quere centrar as súas reivindicacións nos efectos que a crise climática e as temperaturas nos postos de traballo, teñen sobre a saúde das persoas traballadoras.
O estrés térmico por altas temperaturas se produce cando os mecanismos fisiolóxicos do corpo, que se encargan de controlala temperatura, non son capaces de regulala. Para protexernos contra este estrés térmico hai lexislación dabondo, que especifica as temperaturas máximas e mínimas nas que se pode traballar. Estas temperaturas, no caso das máximas, varían entre os 25ªC si se desempeña un traballo lixeiro e os 23ºC si o esforzo é moderado.
Dende a CUT levamos moito tempo loitando para intentar que se cumpra coa lexislación vixente. Calquera persoa allea, podería pensar que isto non tería que ser tan complicado, hai un RD que establece unha condicións termohigrométricas e as empresas teñen que cumprilo.
Cal é o problema que nos topamos unha e outra vez? No caso se Stellantis, o famoso protocolo de altas temperaturas asinado no seo do comité de seguridade e saúde (CSS) por SIT, UGT e CCOO. A pesares de que este famoso protocolo establece as primeiras medidas paliativas (reparto de auga) a partires dos 28ºC, sirve como escusa a empresa para xustificar que toma as medidas suficientes.
Coa crise climática que estamos a vivir, cada vez son máis comúns as ondas de calor que sufrimos no país. Unha vez máis tentaremos no xulgado, que se respecten as temperaturas de traballo legalmente establecidas, veremos con cantos apoios contamos nós e con cantos conta a empresa.
Por outra banda, non podemos esquecer o resto de problemáticas que afectan a saúde das persoas traballadoras neste centro de traballo. Ademais do calor, os altos ritmos de traballo, o deseño antiergonómico dos postos, as presións por parte da xerarquía, a impotencia por non poder facer o posto, as dores, a ansiedade, o estrés… en definitiva a falla de SAÚDE nos acompaña no día a día nos talleres.
As persoas traballadoras levamos anos medicándonos para poder aguantar a xornada de traballo, xa sexa para calmar as dores do corpo ou da mente. A “dopaxe” é unha ferramenta mais de traballo, tan habitual que a vemos como algo natural. Unha situación que para a CUT ten que rematar.
Dende a CUT, como facemos sempre no mes de abril, poñemos sobre a mesa unha campaña, que rematará nunha concentración nas portas da Fábrica, para expresar a necesidade dunha protección efectiva da saúde das persoas traballadoras, entendendo está como; “un estado de benestar físico, mental e social, non só á ausencia de enfermidades”.
Algo que non ocorre nesta fábrica, un dato indignante, tendo en conta o tipo de traballo que realizamos, onde os trastornos músculo-esqueléticos están a orde do día. No ano 2023, só 7 persoas tiveron unha enfermidade profesional recoñecida dunha media de preto de 500 persoas de baixa ao día. O resto de doenzas, un clásico, segundo a mutua xa as traíamos da casa.
O non recoñecemento de enfermidades profesionais, non só implica un aforro importante en cotizacións para a empresa, tamén impide que se solucionen os problemas que as xeran e que se adapten realmente os postos de traballo.
A pregunta de Saúde ou economía que tantos debates motivou durante a pandemia, nesta empresa leva anos tendo unha resposta clara. Primeiro os beneficios e logo o demais, incluída a nosa saúde. E si non que lle pregunten a Mr. Tavares e o seu indecente salario, baseado nos beneficios obtidos a conta da nosa saúde.
Despois da sinatura do recente convenio, este aumento de beneficios a conta da saúde das persoas traballadoras, é si cabe máis evidente que nunca, grazas a discriminación que se vai a facer coas persoas que teñan problemas de saúde. A partires de agora o feito de estar de baixa vai a ter unha grave repercusión no salario, pola eliminación do complemento IT en moitos dos casos. Ademais a paga de beneficios tamén vai a ser afectada polos procesos de IT. Segundo se comprometeron na negociación do convenio, non ía ter aplicación para este ano, pero onde dixeron digo agora din Diego. Beneficios para quen?