A Central Unitaria de Traballadoras reivindicamos neste 10M, día da clase obreira, o papel das mulleres nas revolucións. O seu labor activo no ámbito sindical, de soporte ou emocional foron chaves para o éxito de loitas sindicais como a de Vigo en 1972.
Este venres teremos oportunidade de dialogar con algunhas desas galegas combativas e coñecer de primeira man a súa implicación e visión, coa celebración dun coloquio ás 17 horas no local da CUT en Vigo (rúa Urzaiz, 71).
Ás 19:30 h marcharemos polas rúas da cidade para recoñecérmonos e sentírmonos orgullosas de ser clase traballadora galega.