Convenio de colaboración entre UGTSARIO e a CUT

307

A Central Unitaria de Traballadoras recibimos este xoves a visita dunha delegación do sindicato saharauí UGTSARIO, representado polo seu secretario xeral, Salama Bachir, e o secretario de Relacións Internacionais, Mani Ahmed Yacub.

Ás 11 horas os dous sindicatos celebramos un encontro no local da CUT en Vigo para a sinatura dun convenio de colaboración entre os dous sindicatos.

“Dende a Central Unitaria de Traballadoras comprometémonos a apoiar a causa saharauí a través de campañas de sensibilización, solidariedade e apoio mutuo, así como a buscar o apoio das institucións para visibilizar a loita do pobo saharauí e acadar o respaldo ao seu dereito á autodeterminación.”

Dende a Central Unitaria de Traballadoras comprometémonos a apoiar a causa saharauí a través de campañas de sensibilización, solidariedade e apoio mutuo, así como a buscar o apoio das institucións para visibilizar a loita do pobo saharauí e acadar o respaldo ao seu dereito á autodeterminación.

A CUT prestará servizos de asesoramento legal, xurídico e laboral ao UGTSARIO e facilitará o intercambio de experiencias laborais e sindicais e a recollida de material para o pobo saharauí, entroutras iniciativas.

 

Tras a sinatura do convenio a delegación saharauí trasladouse a Cangas, onde tivo lugar unha recepción oficial no Concello.