“Por un cambio real, folga xeral “

89
A Central Unitaria de Traballadoras marchamos este 1 de Maio polas rúas de Vigo, Compostela, A Coruña e Ourense baixo o lema “Por un cambio real, folga xeral”.

A CUT chamaba este 1º de maio a pular por un cambio real e sistémico que poña fin á precariede e ás reformas “maquillaxe”.

Máis de mil persoas secundaron a marcha en Vigo mentres varios centos o fixeron na Coruña, Compostela e Ourense, nun berro unido ao doutros colectivos e sindicatos (Mocidade pola Independencia, Assembleias Independentistas, CNT, CGT, Sindicato Ferroviario, Sindicato da Elevación e STEG).

Porque queremos traballo con dignidade e non contratos fixos-discontinuos. Porque queremos unhas pensións dignas e non esmolas. Porque queremos abolir a Lei Mordaza. Porque queremos un país con capacidade para vivir a igualdade de homes e mulleres, para defender o noso patrimonio natural. Porque queremos ensino público, sanidade pública, medios de comunicación públicos e transportes púbicos dignos para a clase traballadora”.

Viva o 1º de Maio!