A Dirección da empresa a través da asesora da mesa electoral, e co beneplácito de CCOO, UGT e SITC, realizou un control real do proceso de eleccións.
Resolución do Laudo (06/10/2022)
OS LAUDOS PRESENTADOS ESTAN AXUDANDO A RECUPERAR AS ELECCIÓNS SINDICAIS PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS:
ASESORA DA MESA ELECTORAL CENTRAL.
As eleccións sindicais nos pertencen a nós, as persoas traballadoras; agás nesta empresa que os sindicatos CCOO, UGT e SITC lle entregaron o control a empresa. Despois nos queixaremos dunha nova maioría do sindicato da empresa.
O arbitro que empresa e sindicatos afíns tentaron sacarse do medio, ditou “sentenza” na que estima parte das pretensións.
Non nos da a razón na totalidade das reclamacións, pero si deixa claro que, o nomeamento dunha persoa próxima á Dirección, que incluso asinou en nome da empresa os recortes do 2014, condiciona o proceso electoral. Unha vitoria para devolver o protagonismo as persoas traballadoras e sacar as garras da empresa das nosas eleccións.
Resaltar o que opina o arbitro de que os Sindicatos, UGT, CCOO e SITC, apoiaran que o proceso electoral fora controlado pola empresa: “A este árbitro lle produce certa estupefacción que organizacións sindicais dean o visto bo a un asesoramento permanente da mesa por parte de alguén tan próximo á empresa e os seus recursos humanos.” .
NUMERO DE MESAS ELECTORAIS.
O arbitro muda a decisión inicial da Mesa Electoral e dos sindicatos afíns, e reduce o numero de mesas de 24 a 22. Esta decisión do arbitro xa fora posta en practica pola Mesa trala presentación do Laudo, “aquelo de poñer a tirita antes do corte”.
Dende a CUT xa dixemos en mais dunha ocasión que, cos Laudos tentamos recuperar a democracia no proceso de eleccións. E nesa loita imos seguir porque se o proceso electoral non é democrático e libre, dificilmente o resultado pode ser democrático e moito menos libre.
resultado Laudo 13 14 15 17