O Acordo de Bolsa de horas, do que non somos asinantes, establece que a finais de ano cada traballador debe ser informado do seu saldo individual de Bolsa de Horas.
Despois de mais de tres meses do recollido no acordo, a Dirección entregou a cada traballador/a o saldo individual de bolsa de horas.
A CUT solicitou a Dirección en numerosas ocasións que cumprirá co acordado, a pesar de non ser asinantes do acordo.
Ante a negativa da Dirección a cumprir o asinado, e ante o silencio dos asinantes, a CUT denunciou ata en tres ocasións perante a Inspección de Traballo o incumprimento do Acordo. A derradeira denuncia a principios desta semana, concretamente o día 4 de abril.
Mais aló do incumprimento dun acordo, nesta ocasión, tal e como recolle a denuncia, o feito de que os/as traballadores/as non sexan coñecedores do seu saldo individual actualizado, implica, o noso xuízo, unha indefensión e abuso empresarial contra os que sexan “deudores” de mais de dez días.
Traballadores/as obrigados a traballar aló menos un sabado o mes obrigatorio, grazas tamén os asinantes do acordo.
A GRAN COLICIÓN asina sempre acordos regresivos, que nin tan sequera son capaces de facerlle cumprir a esta Dirección de Empresa.