
Temos unha mudanza nas condición de acceso á docencia do persoal interino e substituto, que atende unha necesidade que se fai máis urxente dada a situación de emerxencia sanitaria pola Covid-19. Foi publicada pola Consellaría o pasado venres día 4 de setembro. Até o de agora tiñamos unha situación de clara discriminación para este persoal, dado que no regulamento se fixaba que se mantería o posto e se nomearía alguén para a substitución, pero isto supuña que, quen se vise afectado, non contase con retrubución económica, nin o tempo de baixa era computado para os efectos da antigüidade.
Así di a Consellaría que vai proceder:
1. O persoal que sexa nomeado interino ou substtuto é estea contaxiado polo virus COVID-19 ou estea en corentena por ter contacto directo con persoa positva no COVID-19, deberá comunicalo no momento do chamamento.
2. Estas persoas considerarase que toman posesión e remitirán a documentación pertinente á xefatura territorial correspondente, que deberá xestionar a correspondente incapacidade temporal, de conformidade co establecido no artigo quinto do Real Decreto-Lei 6/2020, 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública.
3. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá á cobertura automátca das vacantes xeradas por estas incapacidades temporais polo tempo que dure a substitución ou até que remate a incapacidade temporal.
4. A efectvidade da toma de posesión queda condicionada a que a persoa achegue, no prazo máximo de cinco días naturais dende o chamamento, o corresponde parte de incapacidade temporal.
O PRAZO DOS CINCO DÍAS NATURAIS para comunicar a baixa por incapacidade temporal (IT) está motivado polo feito de que o SERGAS non expide a baixa se a persoa non está afiliada á Seguridade Social.
Se te atopas nesa situación cando se produza o chamamento, se non tes relación laboral coa Consellaría, e non envías un parte de IT, comunican que non poderían facer efectiva a toma de posesión e que ANULARÍAN A ALTA na Seguridade Social.
Se te atopases nese caso, ponte en contacto coa CUT-Ensino, e tamén coa Xefatura territorial en que vaias traballar.