Na xuntanza, celebrada o pasado 8 de febreiro,e que contou cunha numerosa asistencia de traballadores /as da empresa así como de representantes da Executiva Comarcal da CUT en Vigo e do Secretariado Nacional, analizáronse as principais problemáticas que afectan á plantilla da fábrica e as liñas de actuación a desenvolver no futuro.O representante da CUT en Citroën, Víctor Mariño, logo de expresar a súa satisfacción tanto pola elevada asistencia dos traballadores/as como pola calidade do debate aberto sobre da situación laboral na empresa,considerou que os obxectivos desta reunión foron sobradamente atinxidos: “Do que se trataba era de pór en común os nosos puntos de vista sobre a situación dos traballadores na empresa, así como as súas demandas e as principais liñas de traballo a desenvolver de cara ao futuro, e neste sentido, o resultado da asemblea foi máis ca satisfactorio”.”O asemblearismo, o debate e a transparencia forman parte do decálogo da actuación sindical da CUT, e esta primeira asemblea de traballadores amosa que non hai mellores ferramentas á hora de organizar a loita obreira desde unha perspectiva de clase”, concluíu Víctor Mariño.