Manifestación este sábado en Vigo contra os recortes de dereitos en Stellantis

100

A CUT convocou para este sábado, 25 de novembro, unha manifestación en Vigo para loitar contra os recortes de dereitos que suporía a sinatura do convenio de Stellantis coa oferta final feita pola empresa.

Para CUT Citroën, este novo convenio non garante o poder adquisitivo das traballadoras, ao tempo que aumenta a flexibilidade e impón o traballo en sábado como obrigatorio, amais de retroceder en dereitos como o complemento do 100% de salario en caso de IT.

Alén dos prexuízos directos para as traballadoras de Stellantis, de asinarse, este novo convenio servirá de espello para as empresas auxiliares que traballan para a empresa automobilística.

Por iso dende a CUT chamamos a toda a comarca de Vigo a saír ás rúas a loitar contra este convenio, nunha manifestación que partirá este sábado ás 12 h dende a Praza dos Cabalos. 

Por un convenio digno en Stellantis! Non ao recorte de dereitos!