ALTA TENSIÓN OU ALTA TEMPERATURA

23

Cal e a prioridade?

Como tódolos anos por estas épocas atopámonos coa mesma e constante  problemática do verán, i estes días as persoas traballadoras están a padecer as deficiencias dunhas instalacións arcaicas  dos equipos de ventilación. Comezamos como tódolos anos;, se tedes calor decídemo que “vola vamos metendo”.

Mestres a empresa e os políticos do goberno están a reunirse e sentarse para que lle traian a alta tensión i evitar micro paradas, ou mais ben quizais minimizar a factura da luz a coste dos nosos “bolsillos”…

A xente da base da pirámide leva algo mais dunha semana “sudando” a camiseta na sauna do posto, xa lles chegaba coas cargas de traballo, e o estres  en postos irrealizables que, ademais de ter que realizalos a auga “tasada”, a dan agora sen pasar polo refrixerador. Só lle faltan as verzas para que sexa un caldo.

Segundo prevención eles cumpren co protocolo que é traer auga, tamén a poden traer en “cubiños” de xeo, pero non se pode beber. Quen é o responsable de velar pola saúde da plantilla nesta empresa?.

Porque non se adaptan as zoas de descanso con mais neveiras que por certo están sen limpar dende fai tempo e dan noxo, e se trae auga para cando segundo o protocolo que seguen a méteo Galicia ter auga fresca a temperatura correcta para que refresque de verdade?. Será que a climatización prendida e o consumo das neveiras aumentan a factura?.

Tranquilos, se un traballador esvaece será calquera cousa pero non por traballar nestas condicións.

Porque non se cambia ese protocolo que o único que lle produce a xente traballadora e mais estres?.

Como van a resolver esta cadencia de renovacións de instalacións?. Ou é que so se mira minimizar gastos e aumentar beneficios?. ALTA  TENSION/PLACAS SOLARES?.

En que pilar esta para esta empresa a xente traballadora?. En que pilar esta a alta tensión?.

Namentres outros estaban atentos as visitas de xente do goberno no día de onte pola maña, a CUT atopábase na inspección de traballo denunciando a súa falla de implicación coa clase traballadora.

 -SILLON e +IMPLICACIÓN este protocolo e ineficaz para a xente traballadora, de hai que tamén presentaramos denuncia contra o mesmo por consideralo insuficiente.