Segue a loita fronte aos despedimentos na conserveira Antonio Alonso

113

O pasado venres día 29 de novembro a Dirección de Conservas Antonio Alonso, S.A. comunicaba o despedimento a cinco traballadoras e a un traballador da factoría en Bueu. Ditas comunicacións son arbitrarias e con nocturnidade, xa que a representación d@s traballador@s viña negociando nos últimos meses coa empresa, a reincorporación paulatina a actividade do colectivo.

Hai que lembrar que esta factoría que emprega a perto de cuarenta traballador@s, estivo paralizada case durante un ano, despois dun incendio acontecido no mes de agosto de 2012. Pois ben, a empresa nunca puxo enriba da mesa a intención de despedimentos, algo que acaba de facer o venres pasado. É evidente que A.Alonso quere abaratar custes pola vía do despedimento, ás traballadoras antigas e substituílas por man de obra barata a través das ETTs.Diante do despedimento irregular e arbitrario d@s seis traballador@s da empresa, comunicado o pasado venres día 29 de novembro, na factoría da conserveira de Antonio Alonso en Bueu, e en base ás informacións non oficiais e ó marxe desta representación sindical, en canto á posibilidade de retomar a negociación para ditos despedimentos, a CUT ten adiantado publicamente que non se sentará a negociar ningún aspecto relacionado cas relacións laborais de Antonio Alonso, mentras non sexan retirados os expedentes de despedimento @s traballador@s.O pasado luns e hoxe martes tiveron lugar concentracións ás 11 da mañá fronte á conserveira de Bueu. A saída d@s traballador@s da fábrica foi acompañada, polo apoio sindical e social de máis dun cento de veci@s. Mañá mércores continuarán as mobilizacións á mesma hora e no mesmo lugar.A empresa Antonio Alonso, S.A. é unha das conserveiras máis antigas no Páis, e é propietaria da marca “Palacio de Oriente”. Os seus propietarios son a familia Alonso Jáudenes, con unha longa tradición empresarial e vínculada á CEOE. Concretamente o petrucio da familia, foi fai uns anos o Presidente da Patronal de Pontevedra. Ademáis da factoría de Bueu, ten outra en Celeiro que se adica á fabricación de conserva de bonito e de túnidos en xeral. A representación sindical na factoría en conflicto, está constituída por duas representantes da CIG e a compañeira Cristina Gómez da CUT.Aquí pódese acceder a máis imaxes.