A CUT recibiu onte unha nova ben triste, o falecemento, nun accidente de tráfico, de Iago Álvarez Cid, delegado da CUT na empresa UNVI de Ourense.
Iago foi un dos que abriron o camiño da presenza da CUT nesa empresa, enfrontando con valentía as presións da patronal e con alegría o combate diario na defensa da clase traballadora.
Non hai palabras para consolar tanta tristura, só a solidariedade e a fraternidade poden, se cadra, servir para que a dor sexa máis levadeira.
Dende a CUT enviamos unha afonda aperta a todos os seus seres queridos e ás compañeiras e compañeiros de UNVI. Eles, coma nós, botarán en falta a Iago, e será sempre así porque non imos borralo da nosa memoria.
Que a terra che sexa leve, compañeiro Iago.