O persoal de limpeza da Xunta segue en loita

331

O persoal de limpeza da Xunta de Galicia mobilizouse hoxe diante do edificio de San Caetano ante os incumprimentosda empresa concesionaria privada Samaín ( CLECE ).

A pesar do mal tempo, a resposta do persoal foi contundente, fartas de que Samaín pretenda esquivar non aboar a carreira  Profesional. Ata o de agora mantivéronse senllas reunións coa Xunta de Galicia e con Samaín sen que haxa avances, senón máis ben retrocesos nas propostas por parte da concesionaria.

O día 9 hai unha nova xuntanza coa empresa e se non hai avances significativos aumentarán as revindicacións nas rúas e na administración.

As últimas mobilizacións do persoal de limpeza privatizadas das diferentes administracións públicas non fai máis que confirmar que é un modelo que malgasta cartos públicos para entregárllelos a grandes empresas a costa dos dereitos das traballadoras.

Por iso dende a CUT non nos fartamos de berrar: rescate xa! A loita é o único camiño para ter dereitos.