Desde a CUT apoiamos a folga do día 28 de novembro e facemos un chamamento a todo o profesorado a secundala. A presión ten que seguir aumentando, non podemos dar un paso atrás. Reducir as horas e os rateos son unha necesidade, mais debemos recuperar moitos dereitos que se perderon. Esta é a oportunidade, non podemos desperdiciala.
O 19 de novembro moitas foron as profesoras que saímos á rúa a berrar contra o “acordo da aldraxe”, unha mobilización que veu evidenciar as ganas de loita do profesorado galego. Ese é o camiño, debemos mostrarlle á Xunta que xa non pode seguir mangoneándonos, acabouse o tempo de aguantar e mirar para outro lado. O queime que temos enriba ten responsables: a Xunta e os sindicatos que venden ás traballadoras.
Este 28 de novembro temos que demostrarlle ao noso patrón, a Xunta, que non somos sumisas e que queremos devolverlle a dignidade ao ensino público. É necesario que todas fagamos folga e participemos da manifestación ás 12:00 na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela.
Por outro lado, entendemos que a presión debe aumentar e que unha folga dun día non serve. Hai que ir a máis. A nosa proposta é convocar folga de tres días no camiño da folga indefinida se as nosas reivindicacións non son atendidas. Só Galiza ten xa o horario lectivo dos recortes.
O vindeiro martes vémonos de novo nas rúas!