Mobilización permanente en Vigo

74

A CUT, xunto cos sindicalismo alternativo, colectivos sociais e plataformas en defensa dos nosos dereitos públicos (sanidade, educación, laborais, culturais, ambientais…) comeza un camiño de mobilización na cidade de Vigo. O XOVES 7 DE FEBREIRO, ÁS 19:30 HORAS, terá lugar unha concentración diante do MUSEO MARCO, e repetiremos concentracións todos os xoves á mesma hora e no mesmo lugar. Cada xoves un colectivo explicará o seu traballo, demandas e propostas para o campo de acción onde desenvolve a súa actividade.Non hai saída ante a barbarie capitalista se non somos quen de artellar unha forza conxunta, nunha voz única, que ocupe as rúas e exerza presión sobre a minoría que nos goberna e abafa. Eles ou nós, é sinxelo