Folga Xeral en Portugal

60

O pobo traballador portugués tomará de novo as rúas mañá, 22 de marzo, convocado pola CGTP-IN, “por unha mudanza de política”, como resposta popular á degradación dos salarios, dos servizos públicos e dos dereitos, á precarización das vidas dos traballadores e traballadoras portuguesas. Unha folga xeral que a UGT, outra das centrais maioritarias portuguesas, desbota e califica de instrumentral ao tempo que permanece na mesa de negociación.

A CUT saúda esta iniciativa da clase traballadora portuguesa que, con consciencia de unidade e de confrontación coas políticas organizadas do neoliberalismo, leva tempo respondendo na rúa en dinámicas constantes de mobilización. Xa non é esta a primeira oportunidade na que o pobo portugués paraliza a produción nacional nun País onde os discursos da esquerda organizada teñen abonda permeabilidade e repercusión social.

As problemáticas concretas que están a ser respondidas son, entre outras, o recorte dos salarios, a supresión das vacacións, o recorte das libranzas, o roubo das pagas extraordinarias, a degredación do custo da vida e o aumento da taxa do desemprego.

A actual folga xeral portuguesa, sumou os esforzos dos máis diversos colectivos sociais organizados, até o punto de que unha pluralidade de voces, dende o feminismo organizado na MMM, ou o movemento 15 de outubro, adherirán a mobilización nacional que partirá da Praza do Rossio en Lisboa.