Folga este venres 18 X contra a temporalidade nos servizos públicos

423
Carta folga emprego público 18 xuño 2021

Este venres, 18 de xuño, a CUT súmase á folga contra a temporalidade en toda a administración e organismos/entes públicos, rexistrada a nivel estatal por Confederación Intersindical, Co.bas, Solidaridad Obrera e SAS, e apoiada en Galicia pola CUT e outras organizaciones sindicais, ademais de ASOCIATEM, PLATEGAL, agrupacións de defensa de dereitos dos temporais.

O abuso da temporalidade e a precariedade, con cotas de ata o 80% de temporais nalgúns organismos públicos, xunto a unha inminente reforma do EBEP (o Icetazo) que, se nada o remedia, suporá aínda máis temporalidade e precariedade para as empregadas públicas, son o punto de inflexión que levou a esta mobilización na defensa do público.

O obxectivo da folga é reclamar a estabilidade das empregadas públicas en situación de temporalidade e interinidade abusiva, a través dunha lexislación que recolla a consolidación deste persoal dacordo co establecido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que determinou que España abusa dos contratos sucesivos ao persoal interino e que as oposición libres non son unha sanción ao abuso.

A folga afecta a todas as traballadoras das administracións e organismos ou entes públicos, sexan fixas ou temporais.

A CUT chama a todas as empregadas públicas a facer folga e á cidadanía en xeral a participar nunha manifestación que percorrerá as rúas de Compostela o propio día da folga, 18 de xuño, ás 19 h, con saída da Praza Roxa.

Porque uns servizos públicos con máis persoal estable redundan en beneficio de toda a cidadanía.