Fin da folga en Vertifil tras chegar a acordo de suba salarial e outras melloras

674

Despois de varias xornadas de folga, por fin foi posible pechar un acordo coa dirección da empresa que mellora as condicións recollidas no vixente convenio colectivo, cun aumento salarial a partir de decembro do 4’5% (3’5% retroactivo de xullo a novembro), do que un 2’5% tería carácter non absorbible.

Tamén se chegou a un acordo de negociación das categorías profesionais durante o 2024 e o establecemento dun calendario de xuntanzas ordinarias para esta negociación e para a organización das cargas de traballo existentes.

“A empresa chega a este acordo non polo comité senón pola unidade de clase que amosaron as traballadoras de Vertifil para defender unhas condicións de traballo dignas “

É posible que este acordo non culmine todas as expectativas pero dende a CUT o valoramos positivamente por varias cuestións.

A primeira porque avanzamos en materia económica e social. A segunda, e se cadra a máis importante para a CUT, é porque onde máis avanzamos foi na unidade da clase obreira.

Ninguén pode facer súa esta vitoria que lle pertence ao conxunto das persoas traballadoras. A empresa chega a este acordo non polo comité senón pola unidade de clase que amosaron as traballadoras de Vertifil para defender unhas condicións de traballo dignas malia os intentos de disuasión da dirección.

Os despedimentos que se produciron nestes anos son parte da estratexia da política do medo da dirección para o sometemento da plantel. Pero o medo foi vencido pola unidade de todos e todas! Parabéns ás traballadoras por manterse firmes!