Os delegados/as de prevención da empresa FAURECIA deciden por unanimidade o cese da actividade laboral trala negativa da empresa a tomar medidas de protección ás traballadoras/es do centro que impidan o contaxio do COVID-19.
O acordo foi trasladado á inspección de traballo con fin de que se tomen medidas que garantan que os traballadores/as poden traballar baixo os parámetros que o Goberno de España ordea para evitar novos contaxios.
Acordo dos Delegados de Prevención de FAURECIA:
“Pola presente, os Delegados de Prevención da Empresa FAURECIA- Asientos de Galicia, S.L. QUEREMOS DENUNOAR QUE despois da xuntanza mantida o pasado venres 13 de marzo e a dia de hoxe, as medidas anunciadas pola Empresa non cumpren cos requisitos que dictamina o Goberno para impedir o contaxio do COVID-19 como a separación entre traballadores, medidas de desinfección, tanto das zonas comúns como nos postos de traballo, etc, e, ademais, de que ningunha delas se están levando a cabo. Por todo elo, por UNANIMIDADE os TRES DELEGADOS DE PREVENCIÓN ACORDAMOS QUE: dado que o artigo 14.2 da LPRL DI QUE a empresa ten obriga de garantir a saúde dos traballadores e tomar medidas ante un risco grave e inminente e como non o está a facer, mentres os traballadores de FAURECIA-ADG non poidan desenrolar o seu traballo de xeito seguro con todos os garantes que esixe o Goberno para evitar novos contaxios e acolléndonos ao artigo 21 da LPRL-RISCO GRAVE E INMINENTE, os DELEGADOS de PREVENOÓN e todo o COMITÉ, DECIDIMOS CESAR TEMPORALMENTE A ACTIVIDADE DE FAUREOA-ADG, S.L ata que se garanta que os traballadores poden traballar baixo os parámetros que o Goberno de España ordea para evitar novos contaxios.”