Correos saca de novo a subcontrata o servizo de limpeza

63

Tras mes e medio de folga das traballadoras polas condicións laborais nas que desenvolvían o servizo, Correos decidiu rescindir o contrato coa empresa concesionaria en Galicia, SCT (Limpezas JCórdoba). Pero novamente volveu sacar a licitación o servizo a través dun concurso que quedou deserto, e tras o que aumentou (case dobrou) o orzamento ,máis de 50 millóns de euros, nun procedemento de contratación negociado sen publicidade.

Dende a CUT cremos que é momento de acabar xa con este tipo de subcontratas, que só enchen os petos de empresas amigas, mentres seguen precarizando as condicións das traballadoras.

Tras 50 días de folga, as traballadoras seguen sen cobrar dende hai catro meses e continúan coas mobilizacións para esixir o pago dos salarios pendentes e a mellora das súas condicións.

Este martes paralizaron durante dúas horas o servizo de transporte no CTA da Lavacolla, afectando ao servizo de Correos en moitas oficinas, e continuarán coas accións de protesta mentres non se lle dea solución total á súa situación.

Urximos a Correos a tomar parte dunha vez por todas a prol do rescate (reinternalización) do servizo e garantir unhas condicións dignas para as empregadas.

Fóra subcontratas! Rescate xa!!!