Traballadoras da contrata de limpeza de SAMAIN (Grupo CLECE S.A.) concentráronse en Vigo nas portas de Stellantis, empresa principal para a que prestan servizos, para denunciar públicamente os abusos laborais.
Son moitos os incumprimentos, abusos e neglixencias cometidas polos responsables do grupo Clece durante os anos que levan sendo adxudicatarios do servizo, reducindo notablemente os efectivos de contrata -coa destrución de máis de 200 postos de traballo- e rebaixando a calidade dos servizos prestados ata uns niveis de salubridade preocupantes, coa complicidade da dirección de Stellantis.
“A pinga que fixo rebordar o vaso foi o despedimento arbitrario e inxusto dunha persoa traballadora con máis de 30 anos de antigu?idade que o único delito que cometeu é padecer unha limitación funcional produto do traballo”.
A pinga que fixo rebordar o vaso foi o despedimento de xeito arbitrario e inxusto cometido sobre unha persoa traballadora de 56 anos, con máis de 30 anos de antigu?idade e pai de familia que o único delito que cometeu é padecer unha limitación funcional produto do traballo que -despois de ser tratado pola Mutua Universal en diferentes ocasións e recibir a alta médica da citada Mutua- se somete a un recoñecemento médico que incomprensiblemente dá un resultado de NON APTO, por motivos relacionados coa lesión da que acababa de recibir o alta.
O máis sanguento desta historia, é a actitude dos citados irresponsables, que con total premeditación, nocturnidade e aleivosía, comunican o resultado do recoñecemento ao traballador, ao mesmo tempo que lle presentan por escrito un despedimento obxectivo, por INEPTITUDE SOBREVIDA, sen intencionalidade de adaptar un posto de traballo as súas patoloxías.
Por iso, as traballadoras da contrata da limpeza de Citroën Vigo, comezaron este martes unha folla de roteiro de mobilizacións e protestas contra o Grupo Clece e Samain, ademais do pertinente percorrido xudicial. Non cesaremos ata desterrar da nosa contorna laboral a suxeitos desalmados e sen escrúpulos, que non lles treme o pulso para quitarlle inxustamente o sustento á familia dun traballador discapacitado.