Contra as contratas no CHUS

103

As compañeiras da limpeza do CHUS iniciaron este 29 de xuño unha xeira de mobilizacións contra os reiterados incumprimentos da actual adxudicataria do servizo de limpeza -ILUNION LIMPEZA e MEDIO AMBIENTE- cunha concentración secundada pola maioría de traballadoras dos hospitais públicos composteláns.

A concesionaria non aboa a carreira profesional ao persoal que xa ten cumpridos os requisitos -que non son outros que a antigüidade-, nin os denominados “Días Covid”. Resulta vergoñento que, despois de traballar nunhas condicións que para nada nos son alleas, se nos vulneren así os nosos dereitos.
Ilunion tamén rexeita o Regulamento para o concurso de vacantes elaborado polo Comité de empresa e tén bloqueado o devandito concurso pola negativa unilateral por parte da empresa a convocar todas as prazas.
A patronal négase a trasladar á RLT o día a día do funcionamento da bolsa de contratación, dando pé a sospeitas de presuntas irregularidades no funcionamento da mesma.
Oponse tamén á implantación de prazos para os cambios de vacacións, que non están contemplados nin na lexislación vixente nin no Convenio Colectivo actual.
En resumo, pedimos dende a CUT -e en consenso co Comité de empresa- o cumprimento dos acordos establecidos ao tempo que desde este sindicato rexeitamos que os servizos públicos sexan xestionados por empresas privadas.
Fóra as empresas privadas do sector público!!!!!
Rescate do servizo de limpeza xa!!!!