Condena á CRTVG por sancionar a un xornalista activo nos Venres Negros, en denuncia da manipulación informativa

500

A sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Santiago de Compostela repara a dignidade do xornalista e delegado da CUT Carlos Jiménez, declarando nula a sanción que lle foi imposta, e considerando lesionados por parte da empresa os seus dereitos á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión

A loita contra a manipulación informativa na Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG, SA) tivo hoxe un importante pulo, desta volta a través de resolución xudicial. No ano 2019 as profesionais da CRTVG Tati Moyano e Carlos Jiménez recibían en nome do colectivo Defende a Galega o XV Premio José Couso á Liberdade de Prensa, ao seren ambos significados participantes da iniciativa Venres Negros e represaliados por este feito por unha empresa pública da comunicación. Se o expediente disciplinario contra Tati Moyano rematou por se arquivar, a CRTVG quixo frear a iniciativa contra a manipulación usando a Carlos Jiménez como exemplo, que acabou por ser sancionado con 9 días de emprego e soldo.

O expediente disciplinario dirixido contra Carlos Jiménez artellouse despois de que se convertera nun dos máis activos participantes dos Venres Negros, ben caracterizados pola resolución xudicial como unha “movilización que se inició el 25 de mayo de 2018, y tenía por objeto la denuncia por parte de diversos trabajadores de la entidad demandada del despliegue por parte de la Dirección de la misma de políticas de manipulación informativa”. Este expediente contra o traballador desencadeou reaccións solidarias masivas dentro e fóra do centro de traballo: denuncias ante os medios de comunicacións, protestas da CUT e do Comité de Empresa no seu conxunto, adhesión e solidariedade dos Colexios Profesionais, entrega de sinaturas de compañeiras e compañeiros que se significaron ante a Dirección da CRTVG pedindo a inmediata retirada do expediente, e mesmo o sometemento desta represalia á Comisión de Control da CRTVG. Malia todo, a CRTVG xa tiña decidido utilizar o medo e o efecto disuasorio desta sanción como elemento de contracción do exercicio do dereito á liberdade de expresión das traballadoras e traballadores do medio.

Con todo, hoxe, o Xulgado do Social nº 1 de Santiago de Compostela, vén de ditar sentenza que “estimando íntegramente la demanda […] Debo declarar y declaro nula la sanción impuesta al demandante […] y, en consecuencia, se deja sin efecto alguno dicha resolución” e “Debo condenar y condeno a la entidad demandada a abonarle al demandante los salarios que hayan dejado de abonársele en ejecución de la sanción anteriormente referida, así como la cantidad de 6.251 euros en concepto de indemnización de daños y perjuicios por vulneración de derechos fundamentales […]”.

Para Raquel Lema, voceira da CUT na CRTVG, este pronunciamento é “absolutamente reparador, e con todo o tarde que opera a xustiza, un poder como o xudicial declara, por vez primeira, algo que as traballadoras do medio levamos anos entendendo, sufrindo e denunciando e que resulta especialmente grave dentro dun medio de comunicación público como a CRTVG: que non existe liberdade de expresión e que existen represalias por esixir imparcialidade informativa e pluralidade. Se un Xulgado vén de condenar á CRTVG por un feito tan grave no ámbito xornalístico, onde a liberdade de expresión é unha ferramenta de traballo esencial, o natural é que nos próximos días se produzan ceses e se depuren responsabilidades. Isto daría conta dos estándares democráticos da empresa pública á que servimos. Que pasará?”

Para a Xulgadora, segundo a Sentenza, “el actor aporta cumplidos indicios relativos a la presunta vulneración de la tutela judicial efectiva en su vertiente de garantía de indemnidad y de la libertad de expresión, pues acredita el ejercicio de múltiples acciones legales en vía judicial frente a la entidad demandada en relación con sus derechos laborales, en un total de 12 procedimientos judiciales, así como su activa e intensa participación en la movilización denominada “Venres Negros” que se inició el 25 de mayo de 2018, y tenía por objeto la denuncia por parte de diversos trabajadores de la entidad demandada del despliegue por parte de la Dirección de la misma de políticas de manipulación informativa”.

Desta maneira, dicta a Sentenza, “la debilidad de la prueba en relación con la falta de conocimiento de la actividad privada del actor, unida a la inmediatez temporal existente entre la movilización “Venres Negros” iniciada a finales de mayo de 2018 con activa participación del trabajador, permite concluir que la sanción es una respuesta de la entidad demandada a la actuación legal y periodística del demandante en una relación de causa-efecto”.