A CUT comezará hoxe a visita aos centros de ensino para deixar o noso material de campaña e atoparse coas compañeiras.
Como sindicato aínda sen representación dispoñemos de 10 persoas para percorrer os máis de 1000 centros ata o día 30 no que será un arduo labor pero tentaremos chegar dun ou outro xeito a todas vós para que nos coñezades.
Vivimos tempos convulsos que resultan incómodos de xestionar a algúns alleos ás loitas por unha estabilización plena, ao que se nos vén enriba coa nova xestión das listaxes e uns 2000 docentes que non verán lograda a súa praza. Deles moitos perderán o seu posto de traballo por falta de nova titutalción ou simplemente porque o proceso estabilizador foi freado polos encargados teóricos de levalo adiante.
Agardamos ter representación para seguir nesta loita e outras moitas que temos que construír e alentar, xa que dende o inmobilismo nunca se conseguiron avances. Ademais dos titoriais, da asesoría pura, do CXT e o CADP, hai un incolume traballo sindical que facer polas traballadoras de ensino e pola súa calidade e dignidade como servizo público.
As nosas compañeiras colocaron hai uns minutos as faixas feitas a man pola afiliación a semana pasada. Quizais mañán cando vaias ao teu centro atopes unha faixa para UN ENSINO CARGADO DE FUTURO.
Agora si, chamámoste ás urnas o día 1 para que o sindicalismo combativo ocupe dunha vez un lugar no ensino galego.
VOTA CUT O 1 DE DECEMBRO