Atendo reprime, todas con Carla!

393
ATENDO REPRIME

Dende a CUT convocamos unha concentración o Mércores 9 de Xuño ás 11.00 diante do Edificio Xudicial de Ourense por motivo do xuízo contra o despedimento da nosa compañeira Carla Rivas, quen o pasado mes de marzo foi apartada do seu traballo no Centro de Día de Mariñamansa, xestionado pola empresa ATENDO CALIDADE.

Este despido é sen lugar a dúbidas unha represalia pola súa labor sindical e foi motivado por alentar ás compañeiras a exercer o seu dereito á folga feminista do 8 de Marzo.

A xerencia do Centro ten un amplo pasado de acoso e represión ás traballadoras que alzan a voz na defensa dos seus dereitos, polo tanto, esta convocatoria de apoio á nosa compañeira Carla, só é o comezo dunha campaña de denuncia que confiamos culmine co fin das prácticas antisindicais por parte da empresa.