Asinado o convenio colectivo da empresa de recollida do lixo da Mancomunidade do Morrazo

188

Logo de máis de 6 meses de negociación, as representantes das traballadoras e da empresa URBASER, concesionaria do servizo de recollida de RSU da Mancomunidade do Morrazo, chegaron a acordo para asinar o convenio colectivo.

O persoal responsable da recollida do lixo dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña, concellos pertencentes á Mancomunidade do Morrazo, beneficiarase dun incremento salarial do 6,5 % para o ano 2022 e do 2% no ano 2023. Para cada ano de vixencia do convenio, establécese unha revisión e actualización salarial do IPC Interanual.

O colectivo disporá dunha bolsa de 20 horas anuais retribuídas para atender consultas médicas, incluíndo o acompañamento dos seus familiares ata o segundo grao.