A Central Unitaria de Traballadoras logrou obter novamente representación en Urbaser Redondela coa reelección do seu delegado.
Logo de convocar eleccións escrupulosamente nos prazos legais e a sabendas de que non era o mellor momento para a CUT -dado o contexto favorábel ás teses da empresa e de quen traballa para ela con mentalidade antiobreira e propatronal- esta central sindical logrou obter delegado malia un traballo nunca antes visto pola empresa, colocando a un home de palla como candidato, para crear unha falsa sensación de normalidade democrática -sendo a realidade ben distinta-, facendo un discurso sibilino por detrás, arroupado polos mandos intermedios, tratando de desprestixiar o mellor convenio asinado no referente ao salarial na historia deste centro. Presionaron aos traballadores menos asentados, pedíndolles o voto só co argumento do poder que poderían exercer sobre eles.
“Tanto a empresa como o sindicato, eran conscientes da importancia deste mandato, xa que durante o mesmo remata o periodo da concesión entre empresa e Concello, despois de 20 longos anos, así como o propio convenio.”
Tanto a empresa como o sindicato, eran conscientes da importancia deste mandato, xa que durante o mesmo remata o periodo da concesión entre empresa e Concello, despois de 20 longos anos, así como o propio convenio. Dúas situacións que sindicalmente sería temerario deixar nas mans de quen sempre se posicion enfronte dos intereses da maioría do cadro de persoal. Mais a pesares de todo, a CUT foi quen de artellar mediante un discurso de clase, sincero e co respaldo do traballo feito unha trincheira infranqueábel, permitindo a entrada a aqueles que o compartían e deixando fóra aos engraxadores e hipócritas que sempre camiñan con dous votos na man.
Parabenizamos ao compañeiro electo e ás traballadoras de Urbaser Redondela.
Viva a CUT e viva a loita obreira!