A CUT renova a súa maioría no comité de PROCSA

214

En total, a CUT acadou 6 dos 9 delegados dispoñibles no comité de empresa de PROCSA, renovando así, por terceira vez consecutiva, a súa maioría sindical no comité de emrpesa.En palabras de Ricardo Castro, delegado da CUT en PROCSA, “estes resultados amosan, unha vez máis, a exemplaridade do traballo feito polos representantes da CUT nesta empresa, día tras día e ano tras ano, un traballo baseado na práctica do asemblearismo, a transparencia e un firme compromiso na defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras da empresa”.A CUT quere transmitirlle os seus parabéns aos seis delegados da Central en PROCSA e animalos a seguir mantendo o labor sindical impecable e exemplar que viñeron desenvolvendo ata o de agor.