A CUT obtén a representación sindical nas delegacións da CRTVG de Lugo e Ourense

184

Este luns 4 de maio celebráronse nas delegacións da TVG-RG de Lugo e Ourense as votacións para elixir un representante sindical en cada centro de traballo.As candidaturas da CUT foron tamén desta volta as máis votadas, polo que Javier Corral, redactor da TVG-Lugo e Laura Álvarez, redactora en Ourense, repiten no cargo de representantes de persoal  durante os vindeiros catro anos.Estes foron os resultados das votacións.LUGO: 19 electores
18 votos emitidos
9 votos a favor da CUT
6 a favor da CIG
3 votos en brancoOURENSE: 22 electores
19 votos emitidos
19 votos a favor da CUT
A CUT agradece a alta participación e reitera o seu compromiso coa defensa dos intereses do conxunto do cadro de persoal en todos os centros de traballo.En San Marcos, as votacións para a elección do comité de empresa terán lugar o vindeiro 4 de xuño, mentres que as Delegacións de Vigo e a Coruña non constituirán Mesa Electoral ata o 1 de xuño, día no que decidirán a data das eleccións.