O persoal do hotel NH Collection de Compostela revalidou con máis forza o modelo sindical da Central Unitaria de Traballadoras nas eleccións celebradas neste hotel da cidade compostelana este 28 de agosto.
Aumentou neste centro a representación legal das traballadoras, pasando dun enlace de tres delegadas a un comité formado por cinco delegadas.
Composición do comité: CUT 4, UGT 1
As compañeiras Mª del Pilar Botana, Pilar Rodríguez, Aurora Alonso e Alejandro Dopico serán as delegadas de persoal que seguirán traballando para dignificar as condición laborais neste sector.
Xunto a elas, Leonardo Da Cruz será o delegado sindical no centro no que o Convenio Colectivo outorga os mesmos dereitos e garantías que aos membros do comité de empresa.
Dende a CUT queremos dar as grazas ao persoal polo apoio firme durante todos estes anos.