O 2 de Novembro convocouse unha folga indefinida pola Central Sindical CIG, debido ao pre-acordo asinado por CCOO e UXT. Dende a CUT secundamos dita convocatoria de folga como reacción á discriminación laboral que supón para as traballadoras do Servizo de Atención no Fogar e o empobrecemento e precarización dun sector feminizado, excluíndonos social e laboralmente, non garantindo unhas condicións socioeconómicas mínimas e suficientes para unha supervivencia digna.
Secundamos a convocatoria a modo de rebeldía pública da nosa indignación, pero sendo conscientes de que quen estivo na mesa de negociación, e viu como se desenvolvían os feitos, debeu ter reaccionado antes para evitar que o pre-acordo fora asinado.
Van xa vinte días de folga e o obxectivo de pór o foco na nosa problemática xa perdeu forza, razón pola que a folga non lle resulta incómoda nin ao Concello nin á empresa
A folga é un medio lexítimo que teñen todas as traballadoras para reivindicar os seus dereitos. Dende o Concello fixáronse como servizos mínimos o 100% dos servizos de dependencia. Esta situación aboca a que a folga non teña repercusión para a empresa máis alá da súa repercusión inicial na folga.
Van xa vinte días de folga e o obxectivo de pór o foco na nosa problemática xa perdeu forza, razón pola que a folga non lle resulta incómoda nin ao Concello (responsábel último, coa Xunta de Galiza, desta situación) nin á empresa (responsábel directa). A maiores vaise producir a sinatura do convenio mal xestionado por todos os negociadores, ao noso entender, e asinado polos traidores habituais de CCOO e UGT.
Esta situación converte a folga en antiobreira, máis alá das críticas que poidamos facer da súa xestión por quen a convocou, e por tal situación, a CUT desvencéllase da mesma e comeza un novo camiño con novas tácticas das que iremos informando.