75 aniversario da Federación Sindical Mundial

258

O 3 de outubro de 1945 naceu a Federación Sindical Mundial en París.

Desde entón a Federación Sindical Mundial ten unha traxectoria de 75 anos defendendo os intereses da clase traballadora e o dereito de autodeterminación dos pobos.

O movemento sindical de clase das nacións sen Estado, organizado na Coordinadora dos Pobos da Federación Sindical Mundial, seguirá erguendo a bandeira da liberación da clase traballadora e a denuncia do imperalismo que a FSM porta desde a súa fundación.

É por iso que a Coordinadora xa está traballando para organizar os actos relacionados co aniversario da fundación da FSM, eventos que serán organizados atendendo á situación de pandemia que vivimos, e dos que seredes informados e informadas no seu momento.

#FSM75Aniversario