Dende hai catro anos a vila de Cangas acolle o que parecía impensable: mobilizacións semanais, venres a venres, nas que a veciñanza se resiste á miseria e á pasividade, e sigue a demandar solucións á estafa chamada “crise”.

Logo do descanso do Nadal os distintos sectores populares vidos de toda a comarca do Morrazo volveron concentrarse diante do concello todos os venres a partir das 8 da tarde para darlle continuidade a unha xeira de loita permanente. “Entendemos sempre que a contestacións social sostida no tempo é a vía realista para pór fin ás consecuencias da chamada crise. A vía electoral podería ser outra, pode ser útil segundo as circunstancias, pero nunca acadará resultados frutíferos para a maioría social desfavorecida se non vai acompañada da mobilización permanente na rúa e moito menos diante dunha paisaxe escura onde campa á vontade a traizón das grandes corporacións sindicais e a corrupción política a todos os niveis” aseveran dende a iniciativa.

Nestas concentracións de carácter asembleario poden participar e opinar calquera das presentes.

As concentracións ó longo de todo este período abordaron todas as temáticas vinculadas á situación de penuria que leva soportando con tesón a clase traballadora na comarca e que ineludiblemente se fai extensiva tanto ao ámbito nacional coma estatal. Sectores populares vinculados ao ensino, á sanidade, ao sufrimento de estafas fiscais, ao desemprego ou á solidariedade internacionalista foron as que tomaron a iniciativa e siguen a facer fronte común “ao desapego e crueldade dun sistema que deixa cada seis días unha persoa morta na rúa segundo informan os propios medios de comunicación proclives ó réxime do Reino de España”.

As concentracións ó longo de todo este período abordaron todas as temáticas vinculadas á situación de penuria que leva soportando con tesón a clase traballadora na comarca

Estas convocatorias sempre se erixiron como un auditorio aberto nutríndose dos principais vectores que promoveu a onda de indignación iniciada logo do 15M e recibiu a visita e o apoio de colectivos doutras partes do Estado como Euskal Herria, Andalucía ou de Madrid. “Ao noso entender estas accións con carácter permanente e plural foron e están a ser o escenario idóneo para ganduxar a unidade obreira e popular das Marchas da Dignidade no Morrazo e que ademais favorecen o reagrupamento popular imprescindible para enfrontar os conflitos laborais que se suceden na nosa comarca” aseguran dende o local comarcal da CUT.

Para as compañeiras e compañeiros, que participan e sosteñen a chama dunha iniciativa heróica no contexto actual “esta experiencia contestataria, máis alá dunha resposta activa obrigatoria como clase, tamén xera un espazo de pedagoxía no sentido da utilidade práctica de organizarnos como pobo e á hora de lle dar participación e protagonismo na mobilización ós distintos sectores da nosa sociedade”.

Ao noso entender estas accións con carácter permanente e plural foron e están a ser o escenario idóneo para ganduxar a unidade obreira e popular das Marchas da Dignidade no Morrazo e que ademais favorecen o reagrupamento popular

Nestas concentracións de carácter asembleario poden participar e opinar calquera das presentes. Continuar fornecendo a unidade popular e obreira é o único antídoto válido para superpoñer os intereses da clase traballadora ás ansias de lucro do capitalismo voraz.