Manifesto do 1º de Maio

93

Os sindicatos de clase temos que asumir este 1º de Maio o espírito do 22M. O éxito das Marchas da Dignidade que confluíron en Madrid o pasado 22 de marzo amosou que a clase traballadora e as clases populares están dispostas a tomar a rúa. Malia levaren desde o réxime anos tentando narcotizar os pobos, antes con espellismos e hoxe mediante o medo, a maioría social xa non acepta, nin vai aceptar máis, as receitas que tratan de vendernos o goberno e a Troika como únicas solucións á crise que eles mesmos crearon.É certo que a colosal capacidade de manipulación do noso inimigo foi quen de inocular o medo en amplas capas do pobo e tamén da clase traballadora. Porén, tamén é certo que o 22M demostrou que a unidade tecida desde abaixo, desde o recoñecemento aos Pobos, coa suma do sindicalismo alternativo, os movementos sociais e as diversas organizacións anticapitalistas, fixo saltar todas as alarmas nos sumidoiros do réxime borbónico, como se pon de manifesto na tentativa primeiro de invisibilizar e logo de criminalizar a mobilización en Madrid.Hoxe, as corporacións sindicais do réxime son o tapón máis importante, o grande impedimento para que a clase traballadora poida desenvolver a súa capacidade de loita para enfrontar o inimigo. Isto, ademais, nun momento histórico no que a capacidade alienadora capitalista provocou a substitución dos principios de solidariedade e cooperación polos da banalidade, a competencia e o consumo. Hoxe, cando os medios de comunicación de masas, ferramentas esenciais do sistema, teñen a capacidade de manipular e desinformar de xeito impune a unha escala descoñecida, é cando o verdadeiro sindicalismo de clase ten que estar á altura.Este sistema agónico que nos está despoxando de todos os nosos dereitos, que coas súas políticas neoliberais nos condena ao paro, á precariedade e á exclusión social, que oprime os traballadores e traballadoras e os pobos non morrerá de morte morrida, hai que matalo. O capitalismo e os seus instrumentos de dominación son conscientes dos perigos que os asexan, e están a preparar novas medidas económicas, lexislativas e represivas para preservar os seus privilexios. As oligarquías que dominan o mundo están máis unidas ca nunca so a lóxica neoliberal para trata de vencernos e de nos manter no pozo do medo. A resposta non pode ser outra que a da unidade de sectores, de loitas, de pobos. Só así poderemos rachar as cadeas da opresión de clase e nacional.O sindicalismo de clase e alternativo debe deseñar a súa propia estratexia de loita obreira e acción sindical. Nesta conxuntura histórica excepcional imponse a vertebración dunha ampla fronte obreira e popular que posibilite que amplos sectores da clase traballadora, agora desencantados e decepcionados pola traizón sindical e polo réxime nacido coa Reforma Política, volvan acreditar na nosa capacidade para enfrontar e frear as políticas dos gobernos da Troika. Esta é a síntese da nosa mensaxe para este 1º de Maio.Hoxe como nunca antes, as nosas aspiracións en materia de dereitos, emprego, saúde laboral, prestacións sociais, políticas de igualdade, negociación colectiva, ou os propios marcos de relacións laborais, etc, están a piques de se converter en papel mollado se non somos quen de incorporalas ao movemento de unidade obreira e popular que debe perdurar alén do 22M. Esta data marcará o día no que o medo cambiou de bando.Primeiro de Maio: unir as loitas pola Dignidade!!!CUT (Galiza)ESK (Euskal Herria)Intersindical ValencianaIAC (Catalunya)FSOC (Canarias)SAT (Andalucía)Confederación IntersindicalSindicato FerroviarioCUT (Aragón)