NOVO LOCAL EN COMPOSTELA

73

A Comarca de Compostela ven de estrear un novo local, dende o día 10 de novembro mudamos o noso enderezo á Rúa de Sar Nº 93 Baixo. Chegan novos tempos e con eles un novo espazo onde centrar o traballo da Comarca, un espazo no que esperamos contar coa participación de toda a nosa afiliación pois a CUT só ten sentido si é de todos e todas nós. Nos vindeiros días informaremos da data de inauguración oficial e dos actos acordados, aínda que xa estamos a funcionar neste novo enderezo.